Cineclube Pontevedra: 'La Marsellesa de los borrachos'
Engadir ao meu calendarioTeatro Principal de Pontevedra

Teatro Principal de Pontevedra
O Cineclube Pontevedra inclúe na súa programación outra estrea recente, La Marsellesa de los borrachos (2024), ópera prima do madrileño Pablo Gil Rituerto, que segue as pegadas do grupo italiano Cantacronache na súa viaxe por España do ano 1961 á procura das cancións populares da resistencia antifranquista.
LA MARSELLESA DE LOS BORRACHOS, Pablo Gil Rituerto, 2024. España, 93 min, VOSE. Lingua orixinal: italiano, español, galego, catalán
No verán de 1961, un grupo de músicos e escritores esquerdistas italianos chamado Cantacronache realizou unha viaxe clandestina por España co fin de gravar o cancioneiro popular da resistencia antifranquista. Como resultado do seu traballo, foron procesados e as súas gravacións censuradas.
Sesenta anos despois e da man de Emilio Jona, de 92 anos, último membro vivo daquel grupo de viaxeiros, Pablo Gil Rituerto recupera as gravacións inéditas e reconstrúe a súa viaxe. Aquelas músicas reviven agora na pantalla da man de Faia Díaz, O Leo, Maria Arnal i Marcel Bagès, Nacho Vegas ou Coro Minero de Turón, entre outros.
Teatro Principal de Pontevedra
Máis eventos
Ver máis eventosEdificio Castelao, Museo de Pontevedra
Museo de Pontevedra
Teatro Principal de Pontevedra