Cineclube Pontevedra: 'A luz que imaxinamos'
Engadir ao meu calendarioTeatro Principal de Pontevedra

Teatro Principal de Pontevedra
O Cineclube Pontevedra exhibirá a primeira longametraxe de ficción da cineasta india Payal Kapadia, A luz que imaxinamos (2024), gañadora do Gran Premio do Xurado no Festival de Cannes e calificada polo ICAA como especialmente recomendada para o fomento da igualdade de xénero.
Este martes, no Teatro Principal proxéctase 'All We Imagine as Light', Payal Kapadia, 2024. India, 118 min. VOSE. Lingua orixinal: hindi e malabar. Non recomendada para menores de 12 anos.
En Mumbai, a rutina da enfermeira Prabha vese alterada cando recibe un agasallo inesperado do seu marido, do que está distanciada. A súa compañeira de cuarto, Anu, tenta en van atopar un lugar na cidade para ter intimidade co seu mozo. Unha terceira muller, Parvaty, é desaloxada da súa casa por causa da especulación inmobiliaria e a xentrificación. Unha viaxe a unha vila costeira permitiralles atopar un espazo para que os seus desexos se manifesten.
Teatro Principal de Pontevedra
Máis eventos
Ver máis eventosEdificio Castelao, Museo de Pontevedra
Biblioteca pública de Pontevedra
Casa do Pobo de Cerponzóns, Pontevedra