Cineclube Pontevedra: 'Grand Tour', de Miguel Gomes
Engadir ao meu calendarioTeatro Principal de Pontevedra

Teatro Principal de Pontevedra
A programación de abril do Cineclube Pontevedra contará coa recentísima estrea do filme Grand Tour (2024), o último traballo do portugués Miguel Gomes, que se alzou no último festival de Cannes co Premio á Mellor Dirección.
A nova proposta do portugués é unha arrebatadora viaxe polo sueste asiático, en palabras de Elsa Fernández-Santos "de principio a fin unha oda á beleza que emana de toda tristura, esa saudade portuguesa que este filme eleva a monumento".
Grand Tour. Miguel Gomes, 2024, Portugal, 129 min., VOSE Lingua orixinal: portugués, chinés, tailandés, francés, birmano, vietnamita, filipino, xaponés.
Non recomendado para menores de 12 anos
Sinopse: 1917, Birmania. Edward é un funcionario do Imperio Británico destinado en Rangún. Ante a inminente chegada de Molly, a súa prometida, entra en pánico e foxe. Durante a súa viaxe, non obstante, o pánico deixa paso á melancolía. Contemplando o baleiro da súa existencia, o covarde de Edward pregúntase que será de Molly. Mais Molly, decidida a casar e divertida pola xogada de Edward, séguelle a pista a través de distintos lugares de Asia.
Teatro Principal de Pontevedra
Máis eventos
Ver máis eventosEdificio Castelao, Museo de Pontevedra
Museo de Pontevedra
Ateneo Santa Cecilia de Marín