As sesións de filmoteca de abril do Cineclube Pontevedra dedicaránselle ao cineasta brasileiro Leon Hirszman (1937-1987), membro precoz do Cinema Novo e considerado no seu seo como a conciencia política do movemento. 

Hirszman interesouse por temas queridos pola esquerda na primeira metade dos anos setenta, deulle protagonismo nos seus filmes ao suxeito proletario e expuxo no seu cine os mecanismos de opresión capitalista. 

Proxectarase Eles Não Usam Black-Tie (1981), León de Prata - Gran Premio do Xurado, premios Fipresci e OCIC no Festival de Venecia de 1981.

Eles Não Usam Black-Tie, dirixida por Leon Hirszman, 1981, Brasil, 112 min., Brasil, VOSE. Lingua orixinal: portugués

SINOPSE: O filme achéganos aos conflitos, as contradicións e os desexos da clase traballadora brasileira de finais dos anos 70, durante a crise final da ditadura militar. Baseada na obra de teatro homónima de Gianfrancesco Guarnieri escrita en 1950, a película adopta unha narrativa realista que expón solucións antagónicas para a vida dos traballadores: a esperanza no colectivo fronte ás solucións individualistas.

A trama constrúese de maneira conmovedora en torno ao conflito entre un pai militante que defende a acción colectiva e o seu fillo alienado con aspiracións pequeno-burguesas, reflectindo os efectos da loita pola supervivencia no seo dunha familia de clase traballadora.

Teatro Principal de Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos