Música (2023) é o último traballo da directora alemá Angela Schanelec, unha fascinante interpretación contemporánea do mito de Edipo que lle valeu o Oso de Prata ao Mellor Guión na pasada Berlinale.

É a película coa que o Cineclube Pontevedra pechará as proxeccións de outubro

 

MÚSICA
Musik, Angela Schanelec, 2023
Alemaña, 108 min., VOSG, +12 Lingua orixinal: alemán

Abandonado ao nacer nas montañas gregas unha noite de treboada, Jon é acollido e adoptado, sen ter coñecido a seu pai nin a súa nai. De mozo, coñece a Iro, unha celadora da prisión onde está encarcerado tras un tráxico accidente mortal. Parece buscar a súa presenza, cóidao e grava música. Cada perda terá a súa contrapartida e ao perder a vista comezará a vivir a súa vida con toda plenitude.

Oso de Prata ao Mellor Guión na Berlinale 2023
Mellor Dirección e Mellor Fotografía na Seminci 2023

Máis eventos

Ver máis eventos