Castelao é unha figura capital da historia das artes en Galicia e non contaba até agora cunha proposta escénica para a infancia.

Castelao de 8 anos está na súa vila natal, divertido, feliz, alegre e aventureiro, cabalga sobre o lombo dunha persecución polas rúas de Rianxo nas horas previas á súa partida cara á Arxentina, canda súa nai.

E mesmo antes, da man de Baltasara, comezará un percorrido trepidante coa urxencia que o inmediato da partida garante. Queda pouco tempo, as horas antes de embarcar escorregan entre os dedos e a ausencia do neno da casa familiar farase notoria para Xoaquina.

Teatro de actor.

Duración: 50 minutos.
Recomendado a partir de 6 anos e público adulto

Máis eventos

Ver máis eventos