A historiadora da arte, escritora e divulgadora, Eugenia Tenenbaum (Santiago de Compostela, 1996) será a encargada de abrir a programación de actividades que a Asociación de Amigas e Amigos do Museo de Pontevedra ten pensado, neste 2025, para celebrar o décimo aniversario da entidade cultural.

'Desafíos para un Museo do século XXI' é o título desta actividade que, segundo o presidente das Amigas e Amigos do Museo de Pontevedra, Ernesto Vázquez-Rey, constitúe "unha oportunidade excepcional para charlar sobre temas centrais nos Museos e Galerías de Arte de todo o mundo, como a introdución da perspectiva de xénero nas coleccións ou as distintas lecturas expositivas dende fóra do cánon académico".

A autora de 'La mirada inquieta' e 'Las mujeres detrás de Picasso' será tamén a convidada que asista xunto a Vázquez-Rey á actividade formativa do CIFP Carlos Oroza, que o propio venres ofrecerá un menú baseado no receitario recollido por Ángel Arcay no libro 'Las 1001 recetas del Palacete de las Mendoza'.

Palacete das Mendoza, Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos