A agrupación folclórica Celme conmemorará o sábado 28 de decembro o seu corenta aniversario. Será cunha gala especial que se celebrará a partir das oito da tarde no auditorio de Afundación.

As escolas de música e baile, moitos ex compoñentes e a agrupación actual mostrarán un espectáculo variado e cheo de tradición.

Farano acompañados polo Grupo de Danzas de San Pedro de Gaillos (Segovia), cos que ofrecerán ao público unha noite chea de alegría e bonitos recordos.

Celme foi fundada en 1984 polo seu actual presidente e director artístico Quique Domínguez Lino, xunto con Malores Domínguez e Ana Alcántara.

Durante estes anos participou en festivais nacionais e internacionais por 15 países de Europa, EEUU e o mundial de Futbol de Qatar, así como por todas as comunidades de España. Destacan por dispoñer de bailes e músicas de diferentes pobos e lugares de Galicia.

Desde os seus inicios a preocupación por o traxe galego destacou nesta asociación, que dispón actualmente de máis de trinta traxes tradicionais de diferentes comarcas.

A agrupación ten actualmente escola de baile, pandeireta e gaita, de onde se vai nutrindo principalmente dos seus compoñentes.

Auditorio de Afundación, Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos