O Coro Luis García Limeses, o Coro Canticum Novum; a orquestra infantil do CMUS Manuel Quiroga, e a Coral Polifónica de Pontevedra presentan na igrexa de San Bartolomeu o seu tradicional concerto 'Despedida do vilancico'.

O programa está organizado en dúas partes. Na primeira participan o Coro Canticum Novum, coa dirección de Fernando Olbés, e o Coro García Limeses, dirixido por Reyes Carballo.

Ambas agrupacións interpretarán conxuntamente “Da Ulla ao meu cabo veño”, composta por Melchor López Jiménez, mestre de capela da catedral de Santiago de Compostela; e “Christmas Melodiese’, de Battista Pradal.

Na segunda parte únese aos dous coros a orquestra infantil do Conservatorio Profesional de Música de Pontevedra Manuel Quiroga, dirixida por Sergio Heredia.

As tres formacións interpretarán cinco temas: “O bo Rei don Wecenslao”, tradicional inglés con letra de Xosé Filgueira Valverde; “The Fist Noel”, tamén tradicional inglés; “The Little Town of Bethlehem”, de Levis Reidner, “Rodolfo el reno”, de Harry Brannon; e “Los pastores de Bormujo”, canción popular de Sevilla.

Ao final do concerto unirase a Coral Polifónica de Pontevedra, para interpretar coas outras tres formacións “Adeste fideles”, de John Reading; e “Stille Nacht”, de Franz X. Gruber.

Igrexa de San Bartolomeu, Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos