Carmen Machi e Diego San José presentan a serie 'Celeste'
Engadir ao meu calendarioAuditorio do Pazo da Cultura
Auditorio do Pazo da Cultura
Carmen Machi e Diego San José visitarán Pontevedra este xoves para presentar a súa serie 'Celeste' no Auditorio do Pazo da Cultura.
Serán os últimos nomeados dos #Feroz2025 que viaxan á Boa Vila neste mes (e ano), dentro das actividades que a AICE organiza na cidade antes da gala de entrega de premios do 25 de xaneiro.
Machi e San José, protagonista e creador de 'Celeste', presentarán a serie ás 19:00 e tras ver os dous primeiros capítulos, charlarán cos asistentes para debullar os segredos deste thriller tributario protagonizado por unha veterana inspectora de Facenda.
Xusto antes de xubilarse, a inspectora da Axencia Tributaria Sara Santano recibe o encargo máis importante da súa carreira: demostrar que Celeste, a gran estrela musical latina, reside en España e ten que pagar aquí os seus impostos. Para iso, Sara terá que aparcar a súa vida para percorrer a de Celeste e demostrar que pasou 184 días no país.
'Celeste' ten 5 nomeamentos aos Feroz 2025, entre eles a de mellor serie de comedia, mellor guión, mellor actriz protagonista para Carmen Machi, mellor actor secundario para Manolo Solo e mellor actriz secundaria para Clara Sans.
Auditorio do Pazo da Cultura
Máis eventos
Ver máis eventosTeatro Principal de Pontevedra
Auditorio Afundación de Pontevedra
Auditorio da Azucreira de Portas