Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán presentan Somos criminais e punto finalun espectáculo de comedia co que termina un dos proxectos máis exitosos do teatro galego nas últimas décadas

Falta pouco máis dunha hora para a fin do mundo. En Galicia, unha nave, a Arteixo II, está a piques de despegar cuns poucos elixidos a bordo en dirección a un planeta onde empezarán unha nova vida.

Os capitáns da nave, Carlos Blanco e Touriñán, son os encargados de que a evacuación se leve a cabo con éxito.

Deberán meter nesta Arca de Noé galega todo o noso patrimonio humano, material e inmaterial máis prezado, para que a nova terra á que emigraremos siga sendo criminal.

Haberá dúas funcións deste espectáculo, ás 18:00 e ás 20:30 horas, no auditorio de Afundación, en Pontevedra.

Auditorio de Afundación, Pontevedra

Máis eventos

Ver máis eventos