A Deputación de Pontevedra leva +Escénicas ata Caldas de Reis coa obra teatral Cabaré climático a cargo da compañía VasRIR.

A peza, pensada para o público adulto, poderá verse no auditorio municipal este domingo 27 de outubro ás 19:00 horas.

Cabaré climático sitúase no futuro, concretamente no 2075, ano no que o cambio climático é xa unha realidade. Alén das repercusións que xa se supoñían, hai outras nas que ninguén reparou.

A obra fai unha aproximación con música en directo e humor sobre como o cambio climático podería afectar no futuro ás relacións entre individuos, ás de parella ou ao carácter.

VasRIR está formada por Luís Iglesias e os membros de Gallaecia Big Band, Patty Lesta e Cristian Leggiero.

Máis eventos

Ver máis eventos