Conferencia sobre 'A heráldica maia prehispánica', por Pablo Alberto Mumary Farto
Engadir ao meu calendarioEdificio Castelao, Museo de Pontevedra
Edificio Castelao, Museo de Pontevedra
O Ateneo de Pontevedra organiza unha conferencia 'A heráldica maia prehispánica', impartida por Pablo Alberto Mumary Farto, doutor en Estudos Mesoamericanos pola Universidade Nacional Autónoma de México.
Nesta presentación mostraranse os glifos emblema máis representativos do período clásico e explicarase a súa función na organización político-social dos antigos maias prehispánicos.
Será o vindeiro mércores 8 de xaneiro, ás 19:00 horas, na área de cristal do Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Pablo Alberto Mumary Farto, licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, actualmente traballa no Centro de Estudios Mayas do Instituto de Investigaciones Filológicas-UNAM como investigador asociado a tempo completo.
Entre as súas liñas de investigación destaca o estudo das dinámicas
político-sociais dos señoríos das terras baixas maias do periodo clásico.
Edificio Castelao, Museo de Pontevedra
Máis eventos
Ver máis eventosCafé Moderno Afundación Pontevedra
Edificio Castelao, Museo de Pontevedra
Edificio Castelao do Museo de Pontevedra