A Librería Cronopios de Pontevedra recibe a Álex Mene (Vigo, 1969), que presentará a súa nova novela. Trátase dunha obra titulada O amante expresionista, editada por Galaxia.

Acompañando o autor, estará Vanesa Touriño, filóloga galega e docente de lingua e literatura.

O amante expresionista narra a biografía dun home que percorre diferentes cidades e países na procura da súa identidade até que a atopa en Galicia. Unha viaxe iniciática que o levará por Vigo, Barcelona, Madrid, Valencia, China, Xapón, Suíza e O Canadá.

O libro constitúe unha reflexión sobre a paternidade desde dous puntos de vista: a do pai e a do fillo. É, tamén, unha homenaxe á historia do cine.

Un relato que trata da maxia das imaxes, do fado, dos lazos de sangue e dos emocionais, das linguas, da importancia de amar e daquilo que perdemos consonte vai transcorrendo a vida que nos leva.

Máis eventos

Ver máis eventos