Actuación de Rafa Fernández Cuarteto dentro do ciclo 'Ao Son do Piano'
Engadir ao meu calendarioEdificio Castelao, Museo de Pontevedra

Edificio Castelao, Museo de Pontevedra
A Deputación organiza no Museo de Pontevedra a segunda edición de Ao Son do Piano, un ciclo de concertos acústicos de música clásica contemporánea arredor do piano de cola do Museo.
Rafa Fernández Cuarteto actuará o mércores 26 ás 19:00 horas no Edificio Castelao, con acceso libre ata completar a capacidade.
O guitarrista noiés actuará acompañado pola arpa de Bleuenn Lefriecc, o óboe e o corno inglés de Benxamín Otero e o piano e os sintetizadores de Álex Salgueiro.
Xuntos ofrecen unha exquisita mestura de sonoridades acústicas coma eléctricas, nun contexto de música ambiental e contemporánea, xéneros nos que este guitarrista leva máis de dez anos sendo unha das súas principais figuras no territorio galego.
Neste concerto repasaranse temas de traballos discográficos como 'Aldán' ou 'A cara bonita da pedra', así como músicas escritas para diferentes proxectos audiovisuais cos que este músico percorreu gran número de escenarios na súa longa traxectoria.
Edificio Castelao, Museo de Pontevedra
Máis eventos
Ver máis eventosEdificio Castelao, Museo de Pontevedra
Museo de Pontevedra
Pazo da Cultura e Recinto Feiral