O director galego Lois Patiño presenta a súa película Samsara, a segunda das actividades previas dos Premios Feroz 2025 que o vindeiro 25 de xaneiro celebrará a súa gala no Pazo da Cultura.

Samsara traslada ao espectador ata os templos budistas de Luang Prabang, nos que conviven decenas de adolescentes. Un destes mozos le o Bardo Thödol a unha anciá, un texto que debe lerse ás persoas antes de falecer, pois serve como guía para orientarse no máis aló.

A anciá falece e acompañamos ao seu espírito por unha travesía sensorial ata reencarnarse no seu seguinte corpo: un cabrito dun pobo costeiro de Tanzania, onde crecerá acompañado dunha familia de pescadores.

Esta película obtivo o premio especial do xurado na sección ‘Encounters’ (ex aequo) da Berlinale 2023 e foi candidata ao Premio Feroz Arrebato de No Ficción en 2024.

O director falará con Suso Novás, organizador de Novos Cinemas, logo do remate da proxección da película.

Máis eventos

Ver máis eventos