O ciclo Sons de Outono, impulsado polo Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra coa colaboración do Concello de Pontevedra, arrancará o sábado 23 de novembro co concerto de Acoustic Solar Trío.

Creado no ano 2024 por alumnos do propio Seminario Permanente de Jazz, o Acoustic Solar Trío é un grupo formado por Luis Felipe Fernández Alfonso (saxo alto), Javier Abraldes (guitarra) e Berto Rial (contrabaixo).

O groso do seu repertorio confórmano os standards clásicos do jazz, pero tamén inclue versións jazzísticas de música de influencia funk, góspel e soul.

O concerto será na Praza da Peregrina, a partir das doce do mediodía.

No caso de choiva, a actuación trasladarase ao palco de música da Alameda.

Máis eventos

Ver máis eventos