Afundación, a obra social de Abanca, abre ao público o proxecto expositivo Simultánea, que mostrará, ao mesmo tempo, en sete sedes, a súa colección de arte vista como nunca antes.

Abstraccións e mensaxes cifradas é a mostra deseñada para o Café Moderno, onde o público poderá achegarse ás obras creadas desde Galicia e que exploran as posibilidades da abstracción.

Está conformada por 33 obras que abordan a linguaxe abstracta como ferramenta de comunicación.

A proposta, dunha envergadura inédita, nace para celebrar con toda Galicia, no marco da conmemoración do décimo aniversario da obra social de Abanca, a riqueza dun patrimonio artístico -Ben de Interese Cultural desde 2015- que Afundación tutela e divulga.

Máis eventos

Ver máis eventos