Autor

Andrés Núñez Rajoy escribe sobre a nova orde mundial

Andrés Núñez Rajoy

Nado en Padrón. Enxeñeiro técnico agrícola (USC). Fun autónomo, agricultor por conta allea, executivo dunha empresa e funcionario. Actuei como secretario do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas da Coruña, Ourense e Pontevedra.

Traballei como axente de extensión agraria. Resposable de horticultura do Centro de Formación, Investigación e Tecnoloxía Agraria de Galicia, xefe do Servizo de Produción Agraria Sustentable e Sanidade Vexetal, membro do Comité Fitosanitario Nacional, da Comisión Nacional de Avaliación de Fitosanitarios e da Comisión Nacional de Bioseguridade . Na UE formei parte do Committee on the Food Chain and Animal Health.

Son membro da Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica. En colaboración con Xesús Cordeiro e Consuelo Davila, publicamos o primeiro libro de horticultura en galego 'A Nosa Horta', editado por Xerais.

Agora son un xubilado que desfruta das netas e dos netos e que pasa o tempo facendo horticultura e fructicultura ecolóxica en Xeve.