Ábrete de orellas

Ábrete de orellas

Programa de Pontevedra Viva
Luns, Martes, Miercoles, Xoves, Venres, Sabado y Domingo a las 12:00
Unha hora semanal de música en base a concertos por Galiza e novidades discográficas, con especial protagonismo para o produto do país Ábrete de orellas xurdiu en Ferrol aló polo 1997 coma un programa radiofónico e foi crecendo a carón do seu director Pepe Cunha. Ao tempo que espallaba a súa faceta de comentarista musical por diversos medios (Radio Kaos, Rádio FilispiM, Diario de Ferrol, Radio Fene, De troula, Xornal de Galicia, TVG...). En 2003 creou www.abretedeorellas.com, portal especializado en música e concertos na Galiza. Cunha atención especial a artistas, salas e produtoras do país, non pretende crear tendencias, senón divulgar, ser un punto de encontro das diferentes propostas.  Esta versión radiofónica de Ábrete de orellas repasa concertos no país, novidades discográficas que chegan á redacción orelluda e recupera cancións do pasado máis ou menos recente. Foi Premio Martín Códax da Música na categoría de Espazo de Comunicación Musical no ano 2016. Pepe Cunha