Violeta Mosquera Blanco, lucense e leva quince anos en Pontevedra. Desde nena, conta que tiña claro que ela ía ser baterista. Compaxina a traxectoria musical do dúo Bala , xunto a Anxela Baltar, coa actividade docente na Escola de Artes Bonobo.
Este sábado 7, será a persoa encargada de dar comezo ás festas da Peregrina. Ás 12.00 horas desde o palco da música da Alameda. E non vai ser a súa única aparición con público xa que pola noite ás 22.30 horas subirá ao escenario instalado en Campolongo para facer o que tiña claro que ía facer: música e será con Bala.