Borja Santamaría González é vilagarcián, vai camiño de ser un concursante de televisión profesional e preside a Asociación Arousa Moza e o Liceo Casino da cidade arousana. A súa última participación foi en 'Ahora caigo'. 'Borjamina', o nome co que se presenta en televisión, foi récord en número de programas e en premio económico acumulado.
Con 18 anos debutou como concursante en 'Cifras e letras' animado por unha profesora de Matemáticas, logo veu a súa primeira intervención en 'Ahora caigo' e seguiu o periplo con 'La ruleta de la suerte', 'Como un allo', 'Verbas van', 'Ti verás' xunto ao seu irmán Raúl e 'Bloqueados por el muro' co equipo dos Lapas e onde tamén conseguiron récord.