Mariña Paz (14 anos) e Irene Teijeira (15 anos) creceron rodeadas de música. Por se esas doses na infancia non eran suficientes, durante a súa estancia no colexio de Barcelos coñeceron a Gonzalo Maceira. Cando o seu mentor, o 'mono' de Furious Monkey House díxolles que se ían ao mítico estudo de Abbey Road en Londes, foi cando empezaron a ser conscientes de que ese proxecto musical que xurdira, ía en serio, eran unha banda.
A Playlist de...#104: Mariña Paz e Irene Teijeira de Furious Monkey House
Radio
29
de xuño
2018
Mariña Paz e Irene Teijeira, vogal e guitarra de Furious Monkey House.
Máis novidades