Homenaxe a Cristian Fernández en Poio polo seu ouro no Mundial de Acuatlón
Por Redacción
Non todos os días pódese celebrar un ouro Mundial. Por ese motivo o Concello de Poio rendeu homenaxe este xoves nun acto institucional ao seu veciño Cristian Fernández Nieto, tras proclamarse o pasado luns en Eivissa campión do Mundo de acuatlón.
"Cristian é un dos nosos mellores embaixadores máis aló das nosas fronteiras e un exemplo a seguir, compaxinando a súa actividade deportiva coa profesional", sinalou o alcalde do municipio, Luciano Sobral.
Ademais do rexedor e do deportista participaron no acto a edil de Deportes, Marga Caldas, e representantes de todos os grupos que compoñen a corporación local.
"O Concello transmite o seu recoñecemento a Cristian, quen sen lugar a dúbidas continuará acadando moitos máis éxitos no futuro", asegurou Sobral.
Pola súa banda o protagonista da xesta sinalou na homenaxe que "para min é un pracer e un orgullo levar o nome do meu concello por todo o mundo".
Cristian Fernández recibiu de mans do alcalde unha metopa e unha bandeira do municipio, e tamén estampou a súa firma no libro de honra do Concello de Poio.
Relacionadas:
-
Cristian Fernández, bronce no Mundial de Acuatlón
Por Almu Dapena |
-
Cristian Fernández, rumbo a Australia para defender o seu título de campión mundial de acuatlón
Por Diego Espiño |
-
Pasarón renderá tributo a Cristian Fernández polo seu título no Mundial de Acuatlón
Por Redacción |
-
Ana Pontón e a candidata Marga Caldas manteñen un encontro con integrantes de entidades deportivas
Por Redacción |
-
Campión do Mundo! Cristian Fernández colga o ouro no mundial de acuatlón
Por Diego Espiño |
-
Pablo Dapena e Cristian Fernández únense á Triarmada para o Mundial Multideporte de Eivissa
Por Redacción |
-
O pontevedrés Cristian Fernández estrea internacionalidade elite con prata no Europeo de Acuatlón
Por Redacción |