Adestramentos "de calidade" e poucas probas para as dúas últimas semanas de pretempada
Por Diego Espiño
Dúas semanas de pretempada réstanlle só ao Pontevedra antes de iniciar o 28 de agosto a competición en Primeira RFEF cunha visita do Alcorcón ao Estadio Municipal de Pasarón.
En realidade ao equipo granate quédanlle só uns días de adestramento propio de pretempada, xa que o luns 22 entrarán na primeira semana de liga, cunha preparación específica e centrada exclusivamente no seu esixente debut.
Por ese motivo a partir de agora "os adestramentos van ser de calidade", explicou xa Antonio Fernández o pasado mércores tras o amigable contra o Coruxo, e é que os últimos compromisos amigables como o afrontado contra o Juvenil Ponteareas ou o previsto o día 17 na Estrada "van ser máis fáciles e haberá pouco que ver", recoñeceu o técnico.
Desta forma o preparador granate eleva a esixencia nas sesións de adestramento, nas que espera ir incorporando aos futbolistas que arrastraron problemas físicos as últimas semanas e que se perderon varias citas amigables, como Álex González, Brais Abelenda e Samu Araújo.
Caso aparte é o de Diego Seoane, cuxo obxectivo é o de chegar plenamente recuperado da súa lesión de pube ao comezo de liga, aínda que o fará sen sumar minutos durante o verán.
Relacionadas:
-
O Pontevedra pecha a súa pretempada con triunfo na Estrada (0-3)
Por Diego Espiño |
-
Unha dúbida 'lateral' para Antonio Fernández
Por Diego Espiño |
-
Antonio Fernández, tras o empate en Ponteareas: "Non estivemos acertados"
Por Almu Dapena |
-
Juvenil de Ponteareas e Pontevedra empatan no penúltimo partido de pretempada granate (0-0)
Por Redacción |
-
O Pontevedra, á cola en instalacións para adestrar na Primeira RFEF
Por Diego Espiño |
-
Momento de decidir sobre Derik Osede: "Esta semana ou a que vén ten que ser definitiva"
Por Diego Espiño |
-
Mensaxe de Antonio Fernández tras a derrota en Vigo: "Con isto non nos chega para gañar"
Por Diego Espiño |
-
Mala tarde no Vao para o Pontevedra, que encaixa a súa primeira derrota da pretempada (1-0)
Por Diego Espiño |
-
Rufo, motivado coa Primeira RFEF: "Cada domingo vai ser un partidazo"
Por Diego Espiño |