Reto de altura para o Arosa fronte a un Compostela que é "un grandísimo rival"
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/5df/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/570532d2ea-20160329-patxot-diego-espino-1009.jpg)
Por Diego Espiño
Recomposto da súa derrota no derbi en Pasarón, o Arosa afronta este domingo 5 de decembro (17.00 horas) outro reto de altura na Segunda RFEF, coa visita ao estadio da Lomba do cuarto clasificado, a Sociedade Deportiva Compostela.
"É un grandísimo rival", avisa Jorge Otero "sobre todo polo bloque, ten un moi bo equipo" que "quizais este ano é algo máis profundo".
Por ese motivo, analiza o técnico arlequinado, "vai esixirno estar moi concentrados, moi atentos, e temos que tentar que non estean cómodos".
Ademais Otero pon deberes aos seus, defendendo que "temos que chegar con máis claridade, ser máis profundos e a ver se somos capaces de non ter tantas perdas, que cun equipo como o Compos vaino facer dano".
Todo por tentar lograr un triunfo que consolide aos de Vilagarcía na zona tranquila da clasificación e permítalles seguir crecendo na competición.
Unha semana máis as lesións castigan ao Arosa, que ademais dos lesionados de longa duración Róber e Álex Cobo, segue sen poder recuperar esta fin de semana a Campillo e a Pedro García.
O colexiado do encontro será o castelán-leonés Omar Álvarez Rodríguez.