O Froiz despídese do seu campión de España, Samuel Blanco
Por Redacción
O Grupo Deportivo Supermercados Froiz vese obrigado a dicir adeus a un dos seus corredores máis representativos, Samuel Blanco.
O ciclista redondelano deulle á escuadra alimenticia a súa vitoria máis sinalada na tempada recentemente concluída, ao proclamarse campión de España elite.
Ese éxito, entre outros, é o que lle permitirá agora dar o salto ao profesionalismo cunha estrutura portuguesa.
Segundo confirmou o Froiz, Blanco correrá o próximo curso no Tavira do pelotón profesional portugués, onde coincidirá co arousán Gustavo César Veloso e co estradense Álex Marque.
Desde o conxunto pontevedrés quixeron trasladar as súas felicitacións ao corredor desexándolle "que consiga moitos éxitos e goce do profesionalismo".
Relacionadas:
-
Salto de calidade do Froiz estreando nova sede: "Non somos un equipo profesional na licenza, pero no traballo si"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Renovación profunda no Supermercados Froiz
Por Redacción |
-
Miguel Ángel Mera estréase co Froiz acudindo a unha concentración nacional en Alacante
Por Redacción |
-
O Froiz suma o seu primeiro triunfo sen empezar a tempada
Por Redacción |
-
O ciclista do Froiz, Iuri Leitao, consegue dúas novas medallas no Europeo de pista
Por Redacción |
-
Iuri Leitão, ciclista do Froiz, proclámase campión de Europa en pista
Por Redacción |
-
"Inmellorable" peche de tempada para o Supermercados Froiz coa Vuelta a Extremadura
Por Redacción |
-
O Froiz comparte coa Deputación o "momento apoteósico" que supuxo triunfo no Campionato de España
Por Redacción |
-
Caída e lesión para Samuel Blanco na súa estrea co maillot de campión de España no Froiz
Por Redacción |