O Pontillón do Castro, nova 'casa' para o Waterpolo Pontevedra

Por Redacción
O Club Waterpolo Pontevedra estreou esta semana unha nova sede para os seus adestramentos, un lugar que aproveitando o bo tempo supón todo un estímulo para os deportistas.
Trátase do Complexo Deportivo David Cal no encoro de Pontillón do Castro, en Verducido, onde empezou a acudir con algúns dos seus equipos para comezar a preparar a tempada 2020/2021.
O club pontevedrés retomou neste mes de xullo os seus adestramentos na piscina olímpica de Pontemuíños e no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, pero esta opción ao aire libre permítelle contar con maior dispoñibilidade de horas e tamén de espazo, debido a que no Pontillón poden coincidir ata 25 deportistas na mesma sesión, algo que de momento é imposible baixo teito polos protocolos establecidos ante o Covid nas piscinas da cidade.
Hoy hemos vuelto al Pontillón para comenzar a preparar la temporada 20-21. Muchas gracias a la Secretaría Xeral para o Deporte y a la Federación Galega de Piragüismo por facilitarnos el uso de sus instalaciones y al Concello de Pontevedra por la ayuda logística pic.twitter.com/ZqN60uvb4A
— Waterpolo Pontevedra (@WP_Pontevedra) July 15, 2020
Para poder instalar unha zona de adestramento, con boias e porterías, o Waterpolo Pontevedra solicitou autorización tanto á Secretaría Xeral para o Deporte como titular do complexo deportivo do Pontillón do Castro como á Federación Galega de Piragüismo, encargada da xestión do campo de regatas.
Ademais foi necesaria a colaboración do Concello de Pontevedra, achegando soporte loxístico para trasladar o material deportivo necesario ata Verducido.
Polo momento está previsto que se exerciten no encoro os equipos cadete, xuvenil e absoluto feminino do Waterpolo Pontevedra.
Relacionadas:
-
Pontevedra e Ourense fusionan os seus equipos sénior de waterpolo feminino
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra céntrase na formación e tecnificación pola ausencia de competicións
Por Manu Otero |
-
Seguridade e controis anticovid na tradicional xornada de captación de novos talentos do Waterpolo Pontevedra
Por Redacción |
-
Andrea Andión e Izaskun Tellería dan o salto ao waterpolo portugués
Por Redacción |
-
O PP non ve "razonable" que as instalacións deportivas sigan pechadas "mientras se anuncian conciertos y fiestas"
Por Alejandro Espiño |
-
Case 4 meses de espera chegan ao seu fin para o Waterpolo Pontevedra, que regresa á piscina
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra pon fin ao ERTE dos seus adestradores e prepárase para volver á piscina
Por Diego Espiño |
-
O Waterpolo Pontevedra, primeiro club da cidade en anunciar oficialmente un ERTE
Por Redacción |