Case 4 meses de espera chegan ao seu fin para o Waterpolo Pontevedra, que regresa á piscina
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/88b/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5f05df4a98-ecz6wr1waaile9k.jpeg)
© Club Waterpolo Pontevedra
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/dbd/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5f05dfc279-ecz6wr0xkaihhst.jpeg)
© Club Waterpolo Pontevedra
Por fin, despois de case catro meses de inactividade debido á pandemia, o Club Waterpolo Pontevedra volveu á auga.
As piscinas do Complexo Deportivo Rías do Sur en Pontemuíños e do Centro Galego de Tecnificación Deportiva acolleron os primeiros adestramentos de deportistas do club pontevedrés, cumprindo coas medidas de seguridade establecidas.
Segundo confirma o club, algunhas categorías exercitáronse en Pontemuíños cun límite de 16 xogadores por grupo, distanciamento de dous metros e só sen máscara no momento de entrar na auga.
Pola súa banda o equipo sénior masculino retomou os adestramentos no CGTD cun límite de 12 deportistas.
Ademais o Waterpolo Pontevedra solicitou á Secretaría Xeral para o Deporte poñer adestrar nas instalacións que a Federación Galega de Piragüismo xestiona no encoro de Pontillón do Castro.
Un pequeno paso que fai mirar ao futuro con certo optimismo, aínda que de momento "toca recuperar a forma física e pensar xa na próxima tempada", sinala o club.