A Federación Española denega a praza en Liga Feminina 2 ao Peixe Galego
Por Diego Espiño
O Marín Peixe Galego non contará, de momento, cun equipo na Liga Feminina 2, tal e como era a súa intención.
O club marinense prerexistrara ao seu equipo feminino na segunda categoría nacional, optando a unha das 16 prazas dispoñibles dentro do proceso de ampliación da LF2. Con todo a Federación Española de Baloncesto (FEB) apostou por outros proxectos.
Tras analizar as propostas presentadas a comisión xestora do organismo federativo, reunida este venres 26 de xuño, decidiu priorizar aos equipos que a última campaña militaron na Primeira Nacional, requisito que non cumpría o Peixe.
Desta forma, ademais dos ascensos de Rosalía de Santiago e o Maristas Coruña confirmados recentemente pola Federación Galega, os novos equipos de Liga Feminina 2 serán: Viladecans BF, B The Travel Band, CB Adareva, CAB Estepona, Nou Basquet Paterna, Club Miralvalle, La Salle Melilla, Unió Esportiva Mataró, Joventut Badalona, Baloncesto Sevilla, Nou Basquet Castelló, Basket Zaragoza, CB Helios e Basket Almeda.
En todo caso queda unha pequena porta aberta para o Peixe Galego, xa que o club queda como segundo equipo reserva, por detrás do CB Andratx, por se se xera algunha praza vacante á hora de formalizar as inscricións definitivas.
Relacionadas:
-
O equipo feminino do Peixe Galego inscríbese en Primeira Nacional tras quedar sen praza en LF2
Por Redacción |
-
Confirmada a configuración de grupos en LF2 para Arxil e Cortegada e sen o Peixe Galego
Por Redacción |
-
Oficial: A Federación deixa o Peixe Galego sen praza en LEB Ouro e o resto de categorías nacionais
Por Diego Espiño |
-
O Peixe Galego paga a inscrición en LEB Ouro pero chega tarde co aval e queda en mans da Federación
Por Diego Espiño |
-
Última bala no Peixe Galego para tentar saír en LEB Ouro
Por Diego Espiño |
-
O Peixe Galego solicita á FEB a súa praza en LEB Ouro e non se esquece da Liga Feminina 2
Por Redacción |
-
17 de xullo, data tope do Peixe Galego para inscribirse nunha LEB Ouro que se dividirá en dous grupos
Por Diego Espiño |
-
Tai Badmus deixa o Peixe Galego despois de dúas tempadas e ficha polo Basquet Coruña
Por Redacción |
-
O Peixe Galego dobra a súa aposta e formaliza a inscrición dun equipo na Liga Feminina 2
Por Diego Espiño |
-
Satisfacción na Raña por dar por concluída a liga regular en LEB Oro
Por Redacción |
-
O Peixe Galego sálvase; a Liga LEB Ouro terminará sen descensos
Por Diego Espiño |