O Peixe Galego dobra a súa aposta e formaliza a inscrición dun equipo na Liga Feminina 2

Por Diego Espiño
Marín está a un paso de poder gozar da Liga Feminina 2 de baloncesto, a categoría de prata a nivel nacional.
O Peixe Galego, a través da súa canteira e nos últimos anos como sede en varias ocasións de campionatos de España, tiña entre cella e cella seguir crecendo completando a súa estrutura feminina e agora, a pesar da incerteza provocada polo coronavirus, decidiu redobrar a súa aposta.
A entidade marinense realizou este luns o pago de 5.000 euros esixido pola Federación Española de Baloncesto (FEB) como requisito financeiro para optar a unha das prazas de Liga Feminina 2 dentro do proceso de ampliación da competición que se está desenvolvendo para a próxima tempada (2020/2021), pasando a contar con 3 grupos de 14 equipos.
"O club pretende dar continuidade desta maneira á súa aposta decida polo baloncesto feminino, que se traduciu nas últimas tempadas na creación de conxuntos femininos en todas as categorías, incluída a sénior", expican desde o Peixe.
Agora a proposta do Peixe Galego está en mans da FEB, que entre outros aspectos terá en conta as propostas de clubs que xa contaban con equipo en Primeira Nacional, a calidade das instalacións, a estrutura de base ou a presenza doutros equipos da zona, ademais do apoio institucional ou masa social.
No caso de que a preinscrición marinense sexa aceptada, a entidade deberá desembolsar 13.500 euros en concepto de aval e 2.000 máis como inscrición.
Se sae adiante, o Peixe Galego unirase desta forma na Liga Feminina 2 a outro equipos da comarca como o Arxil pontevedrés ou o Cortegada de Vilagarcía, con ampla experiencia na categoría.
En canto ao conxunto masculino, con dereito deportivo a volver saír na liga LEB Ouro, por tecera vez na súa historia, desde a directiva dos da Raña aseguran que están a traballar na procura dos recursos económicos necesarios para dar viabilidade ao proxecto.
Relacionadas:
-
As mellores canteiras do baloncesto español volverán facer escala en Marín en xuño
Por Redacción |
-
O equipo feminino do Peixe Galego inscríbese en Primeira Nacional tras quedar sen praza en LF2
Por Redacción |
-
Última bala no Peixe Galego para tentar saír en LEB Ouro
Por Diego Espiño |
-
O Peixe Galego solicita á FEB a súa praza en LEB Ouro e non se esquece da Liga Feminina 2
Por Redacción |
-
O Arxil xa coñece a data de inicio da liga Feminina 2
Por Redacción |
-
17 de xullo, data tope do Peixe Galego para inscribirse nunha LEB Ouro que se dividirá en dous grupos
Por Diego Espiño |
-
Tai Badmus deixa o Peixe Galego despois de dúas tempadas e ficha polo Basquet Coruña
Por Redacción |
-
A Federación Española denega a praza en Liga Feminina 2 ao Peixe Galego
Por Diego Espiño |
-
Aprobada a ampliación da Liga Feminina 2, que pasará a ter tres grupos de 14 equipos
Por Redacción |
-
Os equipos galegos de LF2 propoñen unha liga con 2 descensos por grupo e 3 ascensos vía play-off
Por Diego Espiño |
-
Satisfacción na Raña por dar por concluída a liga regular en LEB Oro
Por Redacción |
-
O Peixe Galego sálvase; a Liga LEB Ouro terminará sen descensos
Por Diego Espiño |