O Teucro formaliza a presentación dun ERTE para xogadores, técnicos e persoal administrativo
Por Diego Espiño
A Sociedad Deportiva Teucro xa confirmara hai días a súa intención de presentar en Expediente de Regulación de Emprego Temporal (ERTE) derivado das consecuencias económicas que ten a suspensión da competición a causa do coronavirus, pero agora formalizouno.
O club pontevedrés convértese na terceira entidade deportiva da comarca, tras Waterpolo Pontevedra e Marín Peixe Galego, en acollerse a esta medida extraordinaria para tentar sobrevivir á crise actual.
"Desde el principio lo valoramos pero estábamos a la expectativa de que se suspendiera definitivamente la competición", explica o ex-presidente teucrista e membro da xunta xestora, Carlos García-Alén.
Con todo, ante a falta de noticias por parte dos organismos reitores do balonmán nacional "se ha tramitado la solicitud ante el SEPE", confirma, despois de notificarllo aos traballadores afectados, todos eles con contratos que expiraban o próximo 31 de maio.
En concreto ven afectados pola medida 8 empregados entre xogadores do primeiro equipo, técnicos e persoal administrativo.
Agora só falta que o servizo público de emprego valore o expediente e responda se o acepta aínda que "entiendo que reunimos los requisitos", asegura García-Alén.
O Teucro segue así os pasos doutros equipos da Liga Asobal como o Cangas que foron os primeiros en dar o paso e anunciar publicamente a súa intención de acollerse a un ERTE na busca de asegurar a súa viabilidade.
Relacionadas:
-
O Teucro e Luis Montes separan os seus camiños
Por Redacción |
-
A Federación de Balonmán pregunta aos clubs se estarían dispostos a xogar a porta pechada no verán
Por Almu Dapena |
-
Os ERTE na provincia de Pontevedra xa alcanzan a 62.326 persoas
Por Oskar Viéitez |
-
A provincia de Pontevedra encabeza en Galicia o número de traballadores afectados por ERTEs
Por Redacción |
-
Dar por finalizada a tempada sen ascensos nin descensos, proposta do Teucro á Federación
Por Redacción |
-
O Peixe Galego notifica a plantel e corpo técnico a súa intención de aplicar un ERTE
Por Diego Espiño |
-
O Waterpolo Pontevedra, primeiro club da cidade en anunciar oficialmente un ERTE
Por Redacción |
-
A sombra do ERTE sobrevoa sobre os clubs deportivos da comarca
Por Diego Espiño |