A moldava Mariana Cherdivara elimina a Lydia Pérez no Europeo de Loita
Por Redacción
Lydia Pérez Touriño non conseguiu avanzar ata as roldas finais no Campionato de Europa de Loita que se está celebrando en Bucarest, Romanía.
A deportista do Club de Loita Pontevedra deixou con todo boas sensacións, a pesar de despedirse do torneo en primeira rolda, ao ceder nun apertado enfrontamento.
Lydia competiu na categoría de -62 quilos ante a moldava Mariana Cherdivara, caendo por 2-1 e non podendo progresar no cadro.
Este resultado chega tras o acadado no Europeo da categoría Sub-23, e serve como guía para seguir traballando de fronte ao gran obxectivo do ano, o Campionato do Mundo que terá lugar en Kazajistán o próximo mes de setembro e que é a primeira cita clasificatoria para os Xogos Olímpicos de Tokyo 2020.
Relacionadas:
-
Lydia Pérez participa en Berlín nunha importante concentración internacional de loita feminina
Por Redacción |
-
Lydia Pérez cae nos cuartos de final do Mundial Sub-23 de loita
Por Redacción |
-
Marcos Miragaya acudirá ao Mundial cadete de loita como seleccionador nacional
Por Redacción |
-
Os Xogos Europeos en Minsk, no punto de mira do deporte pontevedrés
Por Diego Espiño |
-
Pablo García e Lydia Pérez preparan o Europeo Absoluto de loitas olímpicas
Por Redacción |
-
Lydia Pérez, fóra das roldas finais do Europeo Sub-23 de loita
Por Diego Espiño |
-
Lydia Pérez, ouro nacional e rumbo ao Europeo Sub-23
Por Diego Espiño |