Saleta Castro encabeza a inscrición do Nacional de tríatlon de Longa Distancia en Pontevedra
Por Diego Espiño
O tríatlon de longa distancia chama á porta en Pontevedra, sede dentro de poucos días do Campionato de España da especialidade como aperitivo ao que chegará en 2019 co ITU Multisport Festival.
O sábado 25 de agosto a Boa Vila volverá vibrar co tríatlon de alto nivel nunha cita que estreará o circuíto do Mundial do ano que vén, no que Pablo Dapena defenderá o título conseguido brillantemente en Dinamarca.
Precisamente o triatleta pontevedrés, actual campión nacional, é unha das ausencias máis destacadas na lista de inscritos do campionato, centrado na preparación do Campionato de Europa de Longa Distancia que se celebrará en Madrid en setembro, proba ademais da franquía Challenge na que pelexa polo primeiro posto na xeral.
Si estará na saída outro dos grandes nomes do tríatlon pontevedrés, Saleta Castro. A finisher do Ironman de Hawaii pelexará por conseguir o campionato nacional na casa e ante a súa xente, tendo como gran rival a priori á actual líder da Copa de España de Tríatlon de Media e Longa Distancia, Anna Noguera, que este ano venceu nas probas de Sevilla e o Campionato de España de Media Distancia.
En canto á inscrición elite masculina, sen Dapena os principais nomes son os dous que lideran actualmente a Copa de España, o tudense Gustavo Rodríguez e o estradense Cristóbal Dios. O primeiro gañou este ano o Nacional de MD en Guadalaxara e o Half Tríatlon da Rioxa, mentres que o segundo fixo o propio no Half Tríatlon de Sevilla e Half Triathlon Pamplona.
A carreira de Pontevedra será a penúltima cita da Copa de España de Media e Longa Distancia, a falta do Europeo de Media Distancia en Eivissa, e disputarase cun percorrido de 3.000 metros de natación, 116 quilómetros de ciclismo e 30 quilómetros de carreira a pé.
Relacionadas:
-
Saleta Castro, subcampioa de España nunha xornada de festa para o tríatlon pontevedrés
Por Diego Espiño & Paula Sanmartín |
-
Máis de 350 persoas van velar para que todo saia perfecto no Campionato Nacional de Tríatlon
Por Anxo Lourido |
-
Os alcaldes do Umia, molestos ao enterarse pola prensa do corte da N-550 polo tríatlon
Por Natalia Puga |
-
Operativo de tráfico con motivo das probas de tríatlon
Por Redacción |
-
Suspenden a feira ambulante do vindeiro sábado 25 con motivo do Campionato de España de Tríatlon
Por Redacción |
-
A triatleta pontevedresa Carmen Gómez, subcampioa galega en Ferrol
Por Redacción |
-
Pablo Dapena non baixa do podio, segundo en Finlandia no Challenge Turku
Por Redacción |
-
Brillante dobrete de Gómez Noya e Pablo Dapena no Challenge Praga
Por Diego Espiño |
-
VIDEO.- Pablo Dapena fai historia: é o novo campión do mundo de tríatlon de longa distancia
Por Alejandro Espiño |
-
Saleta Castro remata cuarta, a menos de 3 minutos do podio, no duro Ironman Lanzarote
Por Redacción |
-
Saleta Castro conclúe duodécima no Ironman de Sudáfrica
Por Redacción |