Poio consegue o OK de Portos de Galicia para os seus eventos deportivos, o primeiro o 3x3 Armadiña
Por Diego Espiño
A situación de incerteza na que se atopaban os organizadores de varios eventos deportivos que se ían a celebrar en Poio, ante a negación de Portos de Galicia á utilización de espazos da súa titularidade, parece chegar ao seu fin.
A concelleira de Deportes, Marga Caldas, confirmou este xoves que conseguiron o permiso para desenvolver con normalidade o Torneo 3x3 Armadiña de fútbol, que terá lugar o próximo 28 de xullo na Praza da Chousa.
"Esperamos que sexa así no resto de actividades previstas", sinalou a edil satisfeita de que a presión exercida dera como resultado unha modificación no criterio do organismo autonómico.
Ademais a representante do goberno local engadiu que Poio continúa realizando trámites para tentar lograr que esta praza, no corazón de Combarro, pase a ser de titularidade municipal.
En canto ao 3x3 Armadiña, na súa cuarta edición, espera congregar ata 64 equipos e preto de 300 xogadores para unha competición que se desenvolverá en cinco categorías de idade desde as 10:00 horas da mañá (ata as 22:00 horas), utilizando para iso catro campos que serán instalados na Chousa.
Paralelamente ao torneo habilitarase unha recollida solidaria de alimentos e ademais poñerase en xogo unha rifa mediante a cal se sortearán camisetas asinadas do Atlético de Madrid de fútbol, o Inter Movistar (asinada polo vigués Pola) ou o Poio Pescamar, un balón da liga Nacional de Fútbol Sala, unha cea no Tinta Negra e un lote de viño albariño.
Relacionadas:
-
Máis de mil sinaturas queren unha Chousa da veciñanza
Por Redacción |
-
Recollen 800 sinaturas nunha semana para pedir a desafectación da praza da Chousa
Por Redacción |
-
Cronometraxe electrónica e mellores premios, novidades na III Travesía a Nado de Raxó
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Farto da actitude de Portos, Poio pide a desafectación da Praza da Chousa
Por Oskar Viéitez |
-
O PP de Poio disposto a axudar aos clubes deportivos ante as restriccións de Portos de Galicia
Por Oskar Viéitez |
-
En perigo varios eventos deportivos en Poio por un cambio de normativa de Portos de Galicia
Por Diego Espiño |