'As fabas máxicas' agroman entre os cativos no Teatro Principal

Por Diego Torrado
Numeroso público asistiu durante este domingo as sesións que a compañía Caramuxo Teatro escenificou do conto infantil 'As fabas máxicas' dentro do ciclo teatral Domingos do Principal.
O espectáculo conta a historia de Xan que vive nun pequeno apartamento dun dos edificios máis altos de Nova York. O personaxe coida as plantas da súa terraza e descobre algo sorprendente, que lle lembra unha asombrosa infancia chea de aventuras.
Deste xeito, o coñecido conto infantil tradicional é adaptado a unha visión contemporánea que esperta a diversión entre adultos e rapaces combinando teatro de actor e monicreques.
O ciclo de Domingos do Principal rematará o vindeiro domingo 1 de marzo coa representación de Pulgarcito, a cargo da compañía Teatro Paraíso.
Galería de fotos de As Fabas Máxicas en Domingos do Principal
© Diego Torrado
Relacionadas:
-
Unha versión dun clásico de Andersen abre a tempada teatral de outono en Vilagarcía
Por Redacción |
-
Marcel Gross, o mellor valorado dun Domingos do Principal que rozou os 5.000 espectadores
Por Redacción |
-
Un "Pulgacito" non só para nenos, broche de ouro para o ciclo Domingos do Principal
Por Diego Torrado |
-
Unha nova versión do 'Pulgarcito' de Perrault pecha o ciclo de teatro Domingos do Principal
Por Redacción |