Save The Salamanders inicia unha campaña contra o polígono de Monte Pituco para salvar a Saramaganta rabilonga
Por Redacción
A organización Save The Salamanders, fundada e dirixida polo naturalista canadense Matt Ellerbeck, vén de emprender unha campaña de mensaxes dirixidas ao Concello de Marín para demandarlle ao Goberno local que non se constrúa ningún polígono industrial no Monte Pituco (ou Pornedo), tal e como proxecta o planeamento urbanístico ao clasificar esta zona como solo urbanizable.
O motivo desta reclamación é que a instalación dun parque empresarial nese emprazamento aféctalle directamente a unha colonia de saramaganta ou píntega rabilonga (Chioglossa lusitanica) que habita nun regato do Monte Pituco.
Trátase dunha especie catalogada como ameazada e vulnerable, polo que a destrucción do seu hábitat natural -con augas de gran pureza- conlevaría a desaparición desta especie.
Matt Ellerbeck proponlle á cidadanía que contacte por correo electrónico coas concellerías de Medio Ambiente e de Urbanismo, enviando unha carta que está dispoñible en tres linguas: galego, castelán e inglés.
Esta campaña púxose en marcha esta mesma semana a través da páxina Save The Salamanders en Facebook. Ademais de chegar a usuarios desta rede social en Galicia e no resto do Estado, o eco desta iniciativa extendeuse a usuarios de países tan diversos como Canadá, Estados Unidos, Italia, Holanda ou Portugal, segundo a orixe dos perfís que interactuaron polo momento nesta publicación.
O lema da campaña é "Axuda a protexer a Saramaganta rabilonga" (Help Protect the Golden-Striped Salamander).
A Saramaganta rabilonga xa foi quen de modificar o trazado da estrada entre Ponte Caldelas e A Lama
Relacionadas:
-
O TSXG dá a razón á asociación Monte Pituco e ordena á Xunta retirar o polígono Marín-Pornedo
Por Redacción |
-
Máis de 150 persoas participaron na andaina polo Monte Pituco
Por Redacción |
-
Percorrido polo Monte Pituco de Marín para evitar a construción dun polígono industrial
Por Redacción |
-
Andaina para dar a coñecer o patrimonio arqueolóxico e etnográfico do Monte Pituco
Por Redacción |
-
Agustín Hernández inaugura a estrada que non puido coa píntega rabilonga
Por Oskar Viéitez |
-
Coñeces os tesouros que agocha o Gafos?
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |