A "gran transformación urbana" da contorna da Avenida de Vigo será adxudicada "antes do verán"
Por Alejandro Espiño
Antes do verán. ÿ a data que manexa o Concello de Pontevedra para adxudicar "o maior investimento de obra pública neste mandato", segundo Luís Bará, o desdobramento da Avenida de Vigo. A tramitación deste proxecto segue cumprindo os prazos previstos. Un deles era analizar as propostas de mellora que incluirá esta actuación, un trámite resolto na Comisión de Infraestructuras celebrada este xoves no concello.
Por unanimidae, BNG, PSdeG-PSOE e PP decidiron aceptar as seis melloras que se incluirán na adxudicación da obra. Están valoradas en 1,2 millóns de euros máis os impostos correspondentes. Supoñerán a reforma, entre outras, das rúas Estación e Luís Seoane e a vella Avenida de Vigo. Uniranse así á construción do novo vial, "integrando toda esta zona no modelo urbano e mellorando a mobilidade de toda a área sur da cidade".
As actuacións propostas son as seguintes:
- Acceso directo desde o Nó do Pino ao novo vial. Trátase dun ramal co que, a proposta de Fomento, inténtase que o tráfico que chega desde O Marco xa non teña que chegar ata o nó e acceda directamente ao carril de entrada na cidade. Costa 291.000 euros.
- Reforma de Luís Seoane. Reurbanizarase por completo o treito entre a Avenida de Vigo e o novo vial, aproveitando para conectalo cos servizos xa existentes nas proximidades. Estes traballos están valorados en 66.900 euros.
- Ampliación da senda do Gafos. A petición da asociación Vaipolorío, aproveitarase para continuar a senda fluvial cara ao outro lado da estación de autobuses, pasando por baixo da ponte. 48.100 euros que permitirán mellorar a conexión desta zona co paseo de Salcedo e Tomeza.
- Mellora do paso peonil entre Avenida de Vigo e Estación. Trátase dunha zona na que se substituirá o pavimento, actualmente moi irregular, e renovarase a iluminación e a rede de pluviais. Destinaranse a este concepto uns 22.300 euros.
- Reforma integral da Avenida de Vigo. Dividirase en dous partes, por unha banda a reforma entre a rotonda con Fernández Ladreda (que desaparecerá, reordenando o tráfico nesa intersección) e a rúa Luís Seoane; e por outro, desde Luís Seoane ata o Nó do Pino. Adoptará o modelo aplicado no principio da rúa, beirarrúas máis anchas, tratamento arborado e un único carril de circulación, que terá dirección saída da cidade. Entre ambas investiranse 865.000 euros.
A todas estas actuacións hai que sumar a principal deste convenio con Fomento, o propio desdobramento, que permitirá crear un vial de 500 metros paralelo á actual avenida de Vigo, e que unirá O Pino coa rúa Estación. Contará con beirarrúas de 3,5 metros, un carril de saída e dúas de entrada á cidade, así como zonas de aparcamento e unha senda peonil e ciclista. A zona quedará pois con dous carrís de saída e dous de entrada á cidade.
Ante o volume da obra, que sumadas as expropiacións, alcanzará un investimento de 7 millóns de euros, o Concello de Pontevedra espera a concurrencia de numerosas empresas. Trátase, segundo Bará, dun contrato "apetitoso" para o sector. Espérase tal cantidade de documentación que será necesario destinar "dous ou tres meses" a analizar as ofertas que se presenten, polo que será imposible adxudicala na primavera.
Tralo informe de Intervención e a aprobación por parte da Xunta de Goberno deste contrato, a oferta de licitación ten que ser publicada tanto no Boletín Oficial da Provincia como no Diario Oficial de Galicia. As empresas terán entón un mes para presentar as ofertas oportunas. Por iso é polo que Luís Bará fíxese como obxectivo ter a obra adxudicada "antes do verán", aínda que as obras poidan atrasarse aínda máis tempo.
En todo caso, ao entrar na "fase definitiva" do proxecto, o Concello de Pontevedra programou un encontro cos veciños da zona para presentarlles a actuación que se levará a cabo nesa contorna. Será en febreiro no IES Torrente Ballester. Nela recolleranse tamén posibles achegas ou suxestións "porque hai detalles que se poden contemplar" no proxecto definitivo que redacte a empresa gañadora do concurso.
Relacionadas:
-
As ofertas para o desdobramento da avenida de Vigo péchanse en 17
Por Redacción |
-
A Ponte de Santiago contará con dous pasos de peóns antes do verán
Por Redacción |
-
O desdobramento da Avenida de Vigo, listo para a súa licitación
Por Alejandro Espiño |
-
Esixen á Xunta que actúe "con urxencia" ante o estado da Estación de Autobuses
Por Redacción |
-
Desdobrar a Avenida de Vigo, a obra "máis ambiciosa da década", permitirá unha "total transformación" da zona
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello incluirá a mellora da avenida de Vigo na licitación das obras do desdobramento
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Aprobado o proceso de expropiación forzosa para o desdobramento da avenida de Vigo
Por Redacción |