Daniel, un artista pontevedrés seleccionado polo programa "Deja sitio para el postre"
Por Oskar Viéitez
Daniel Diéguez é monitor no programa municipal Noites Abertas. Ademais é unha das 18 persoas seleccionadas para participar no programa televisivo de Cuatro Deja sitio para el postre. Foi seleccionado entre tres mil aspirantes.
Convenceu co seu postre feito 'sobre rodas'. E é que chegou ao casting en patíns e así presentou o seu pastel que, malia que o seu aspecto (a estrutura da súa proposta rompeuse accidentalmente antes de presentala) xerou algunha dúbida, convenceu a todos os mentores.
Este graduado en Belas Artes de 33 anos de idade, que conta ademais cun máster en Arte Contemporáneo, inclinouse pola repostaría artística "hace dos años cuando sentí la necesidad de hacer cosas que desapareciesen", explicou á presentadora do programa, Raquel Sánchez Silva. Aprendeu en Londres mentres facía o seu proxecto de fin de carreira "y cuando volví a España empecé a aplicarlo y fui experimentando".
Desde hai máis dun ano traballa no proxecto "Fogar12Fogar", descrito por el mesmo como "arte en doces personalizados". Trátase de doces elaborados a man, desde o deseño ata a masa, mesturando recetas tradicionais e actuais para "facer arte co sabor dos produtos da nosa terra".
O seu oficio como escultor abriulle as portas da "Academia del gusto" a este pasteleiro afeccionado de Pontevedra. Para entrar na cociña do programa estaría disposto, recoñece, a afeitarse a barba.
Poderemos seguir as súas evolucións no programa, a partir deste martes 7 de xaneiro, ás 22.45 horas, en Cuatro.