O PP convoca unha cadea humana para esixir a reapertura da Ponte da Barca
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
Os voceiros municipais do Partido Popular en Pontevedra e Poio, Jacobo Moreira e Ángel Moldes, protagonizaron unha comparecencia conxunta no medio da Ponte da Barca para anunciar a convocatoria dunha cadea humana para esixir a reapertura do carril cortado ao tráfico. Será este sábado ás 12:30 horas na Ponte da Barca.
"Non é ningunha manifestación, nin concentración, e unha cadea humana, un acto totalmente tranquilo e cívico, para representala unión entre os dous concellos", afirmou Moldes.
"Hacemos un llamamiento a la participación de todas aquellas personas que se consideren perjudicadas por esta medida", dixo Moreira que anunciou que reiterará unha moción ao Pleno da Corporación de Pontevedra instando o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, á revogación "inmediata" dunha medida "que no ha sido consensuada ni con sus socios de Gobierno, ni tampoco con el alcalde de Poio, ni con la Administración titular del puente". Tamén será presentada unha moción similar no Concello de Poio.
Os populares entenden que "xa foi suficiente" despois de quince días dun "corte por capricho", para comprobar os seus efectos negativos polo que piden "que se quiten da cabeza" perpetuar esta medida.
Pola súa banda Ángel Moldes insistiu no "necesario consenso" que ten que existir para poder adoptar estes cambios na circulación "como se puido comprobar estes días".