Os mozos de Caldas apostan pola solidariedade ingresando en Protección Civil
Por Anxo Lourido
Nos últimos meses, Protección Civil de Caldas púxose de moda entre os mozos deste concello. 14 novas caras chegaron ata este organismo sumándose aos vinte integrantes que xa formaban parte deste colectivo. O importante labor desenvolvido durante o accidente ferroviario de Angrois puido ser unha das causas que levou a que estes mozos sentisen unha chamada pola solidariedade.
José Sieiro, xefe da agrupación de voluntarios de Caldas, móstrase moi satisfeito coas novas incorporacións que viñeron desenvolvendo traballos importantes ao longo do verán. "E nas últimas horas" afirma "ingresou outro rapaz novo". Desta forma, a idade media de Protección Civil de Caldas sitúase en 25 anos e dez integrantes son mulleres.
Nalgúns casos, o boca a boca serviu para que se fosen sumando novos membros. ÿ o caso de Rubén López, un mozo de 18 anos que se incorporou en agosto da man de Alejandro Carballo, "Álex", que se iniciara neste servizo un mes antes.
Rubén quere ser axente da policía nacional e Álex, garda civil. "ÿ un hobby no que podo aprender moitas cousas como emerxencias sanitarias ou intervencións en situacións complicadas" afirma Álex. Os dous rapaces encontran nas diferentes actividades que realizan en Protección Civil unha base fundamental para poder acceder despois a algún dos corpos de seguridade aos que aspiran.
Unha desas prácticas é a de exercitar escaladas con cordas. Realizan eses ensaios de emerxencias nunha vella ponte do tren nas proximidades ás instalacións de Clesa. Alí prepáranse, ascendendo a 12 metros de altitude, para facer fronte a diferentes situacións de emerxencia como a que se producen con traballadores que poidan sufrir algún accidente cando se encontran nunha zona elevada.
Álex e Rubén recoñecen que os seus amigos, máis dunha vez, se burlaron deles por vestir o uniforme de Protección Civil: "Din que somos uns pringados e pregúntannos por que nos metemos nun sitio no que non imos cobrar. Eu contéstolles que non me importa o tema económico. ÿ mellor facer isto que estar a gastar o diñeiro por aí en algo que non che vai servir para nada", indica Álex. Pola súa banda, Rubén sinala que se encontrou con algún amigo que lle preguntaba con burla "pero, onde te metiches?. E agora quedan sorprendidos cando, por exemplo, lle conto que subo polas cordas".
Álex indica como teñen que asumir responsabilidades cando se encontran cun accidente e eles mesmos teñen que dirixir momentaneamente o tráfico. Rubén admite que as imaxes máis impactantes as viviu, durante o verán, cando tiñan que axudar aos veciños ante os incendios forestais. E afirma que "somos voluntarios pero dentro da agrupación hai persoas ben formadas das que aprendes moito. Aquí, José Antonio Búa, por exemplo, entende moito de cordas e incítate a probar". Así este mozo admite que hai un mes non sabía nada de subir cun arnés e cunha corda ata un lugar elevado: "ao principio, eu tiña medo, bufff, non subo e se caio? preguntábame, pero, despois da primeira subida, cada vez queriamos máis altura".
E é que, para estes mozos, a axuda solidaria ante situacións de emerxencia é unha práctica que engancha.
Relacionadas:
-
Os heroes de Angrois adican o seu recoñecemento ás vítimas: "Jamás les olvidaremos. Están para siempre en nuestros corazones"
Por Redacción |
-
José Sieiro, presidente de Protección Civil de Caldas: "Lo más angustioso eran los móviles de heridos y fallecidos que sonaban en los vagones"
Por Natalia Puga |