O Concello de Pontevedra subirá 10 taxas municipais en 2014 e conxela o IBI
Por Redacción
Dez taxas municipais veranse incrementadas coa chegada de 2014. A xunta de goberno do Concello de Pontevedra aprobou a suba da auga, lixos, saneamento, extinción de incendios, cemiterios, veladores, plusvalía, vehículos, servizos especiais e caixeiros das entidades bancarias situados na rúa.
A xustificación desta suba, segundo sinalou o concelleiro responsable de Facenda, Raimundo González, encóntrase na obriga de manter o equilibrio económico e está relacionado co incremento correspondente coa suba ás empresas adxudicatarias dos servizos. Segundo sinalou González, a suba de auga, lixo e rede de sumidoiros non supera os 50 céntimos ao mes. O incremento medio sitúase no 1,8 por cento, que se corresponde coa suba do IPC entre xullo de 2012 e o mesmo mes de 2013.
Non obstante, o concelleiro Raimundo González indicou que o Imposto de Bens Inmobles (IBI) non se verá incrementado e se permitirá o fraccionamento do pagamento. Poderase solicitar ata marzo e os pagamentos executaríanse o 20 de xuño e o 1 de outubro.
Relacionadas:
-
Pontevedra conxelará por cuarto ano consecutivo todas as taxas e impostos municipais
Por Natalia Puga |
-
O Concello aumenta a súa recadación grazas aos controis "antifraude"
Por Redacción |
-
O PP critica a subida de taxas no Concello de Pontevedra, salvo a "necesaria" de Sogama
Por Redacción |
-
O PP recomenda a Lores que siga o exemplo de Ana Botella e baixe os impostos
Por Oskar Viéitez |
-
Os pontevedreses pagarán 6 euros máis ao ano en taxas municipais
Por Redacción |