Dimite o Consello Escolar da Escola de Restauración
Por Redacción
Este luns reuniuse o Consello Escolar da Escola Superior de Conservación de Galicia e, entre outras discusións, debatéronse as propostas de dimisión dos membros electos do Consello, así como do Equipo Directivo.
As opinións foron maioritarias en dous sentidos: "si" á dimisión do Consello, "non" á do Director e o seu equipo xa que segundo xustificaron "enténdese que a devandita dimisión podería entorpecer as diversas accións que se están a desenvolver para a consecución da titulación universitaria".
A dimisión do Consello Escolar, e as consecuencias desta, fundaméntanse na falta de consecución das solicitudes reclamadas á Xunta de Galicia con data 7 de xuño de 2013.
Segundo trasladaron aos medios de comunicación o Consello négase a participar no Goberno dunha institución académica "cuxos problemas é repetida e sorprendentemente ignorados polo conselleiro de Educación".
Ao mesmo tempo, ten decido emprender este martes outra acción reivindicativa, consistente no envoltorio de diversas esculturas de Pontevedra, co fin de dramatizar a ignorancia que para o conselleiro de Cultura teñen os problemas dos profesionais da Conservación do Patrimonio Cultural. A devandita acción conta co apoio do Concello de Pontevedra, e desenvolverase sobre as seguintes esculturas: Ravachol, Valle Inclán, Castelao e Fiel Contraste.
Relacionadas:
-
A Escola de Restauración saca as súas reivindicacións á rúa
Por Oskar Viéitez |
-
Dimite a dirección da Escola de Restauración ante as dúbidas sobre o futuro do centro
Por Redacción |
-
O conselleiro de Educación afirma que a LOMCE equipara os estudos da Escola de Restauración co Grao universitario
Por Redacción |
-
Esculturas ocultas como protesta dos alumnos de Restauración, que estudan iniciar o Camiño de Santiago
Por Anxo Lourido |
-
Apoio do Concello á Escola de Restauración
Por Diego Espiño |
-
A Escola da Restauración saca á rúa o seu conflito
Por Oskar Viéitez |
-
Peche en Restauración para reclamar unha entrevista co Conselleiro de Educación
Por Redacción |