A Escola da Restauración saca á rúa o seu conflito
Por Oskar Viéitez
Co propósito de facer visible a súa situación de conflito alumnado e profesorado da Escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia protagonizou este xoves unha cacerolada diante da sede da Subdelegación do Goberno na Plaza de España.
Este xoves remataron un peche no centro durante 24 horas no que aproveitouse para falar da situación dos estudos e para deseñar as próximas mobilizacións a desenvolver ata conseguir a ansiada reunión co Conselleiro de Educación. Entre outras, plantexouse facer mobilizacións diarias na rúa, "a lo menos ata a semana que ven", momento no que se estudarán novas accións, entre as que non se rexeita o encerramento indefinido ou a "paralización activa" da actividade docente.
O venres alumnos e profesores trasladaranse as 12,00 da mañá ata a Delegación da Xunta en Campolongo, onde manifestarán a súa queixa deixando no rexistro cartas persoais para os actores involucrados nesta loita, incluído o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.
Asi mesmo, deseñaron unha campaña de actividade nas redes sociais que deberá facer visible a posición da Escola diante dos profesionais da conservación e doutros centros de ensinanzas artísticas.
Tamén, ás 11,00 da mañán, recibirán a visita dos concelleiros de Pontevedra, Carme Fouces e Luis Bará, que acodirán coa intención de interesarse pola situación da Escola e mostrar o apoio do Concello as reivindicacións.
Relacionadas:
-
O conselleiro de Educación afirma que a LOMCE equipara os estudos da Escola de Restauración co Grao universitario
Por Redacción |
-
Dimite o Consello Escolar da Escola de Restauración
Por Redacción |
-
Apoio do Concello á Escola de Restauración
Por Diego Espiño |
-
Peche en Restauración para reclamar unha entrevista co Conselleiro de Educación
Por Redacción |
-
Os alumnos de Restauración estudan denunciar á Xunta ante a Xustiza
Por Anxo Lourido |
-
Restauración teme que a Xunta peche a Escola Superior de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |