Peche en Restauración para reclamar unha entrevista co Conselleiro de Educación
Por Redacción
Os alumnos e profesores da Escola de Restauración e Conservación de Pontevedra iniciaron un encerro no centro para reclamar un titulo universitario para os estudos que se desenvolven no centro, similares aos que existen noutras Comunidades Autónomas e con validez en toda Europa.
O claustro de profesores e a asemblea de alumnos decidiu manter estas protestas ata que o Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, reciba os representantes deste Consello Escolar e estude a proposta de adscrición á Universidade de Vigo.
Ao mesmo tempo, os alumnos e profesores comezarán a realizar concentracións públicas todos os días de 11 a 11:30 horas na Alameda de Pontevedra. E anuncian ademais que realizarán outro tipo de actividades sorpresa para reivindicar a súa titulación. A isto hai que sumar que, de non resolverse esta situación, denunciarán á Xunta ante a Xustiza.
Durante o encerro na Escola desenvólvense distintas actividades informativas e asembleas para decidir as liñas de actuación que van abordar no futuro.
Anuncian, ademais, que de non producirse un achegamento nas próximas horas por parte de Jesús Vázquez, o Consello Escolar do Centro dimitirá en bloque este luns 30 de setembro.
Relacionadas:
-
Esculturas ocultas como protesta dos alumnos de Restauración, que estudan iniciar o Camiño de Santiago
Por Anxo Lourido |
-
Dimite o Consello Escolar da Escola de Restauración
Por Redacción |
-
Apoio do Concello á Escola de Restauración
Por Diego Espiño |
-
A Escola da Restauración saca á rúa o seu conflito
Por Oskar Viéitez |
-
Os alumnos de Restauración estudan denunciar á Xunta ante a Xustiza
Por Anxo Lourido |
-
Restauración teme que a Xunta peche a Escola Superior de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |