Pais de alumnos do Colexio San José protestan este luns ante o Concello para reclamar o acceso en coche ao centro histórico
Por Anxo Lourido
Os pais de alumnos do colexio San José situado fronte á Praza do Teucro no centro histórico móstranse molestos porque a Policía Local, por orde do goberno local, non lles permitiu acceder ata o centro escolar dende o inicio deste curso. Pilar Lemos, unha das nais afectadas, indica que é a primeira vez que lles prohiben o acceso: "Es una carga y descarga de niños. Los camiones de cervezas y de Coca-Colas siguen entrando pero los del colegio no. No lo entendemos. Nadie nos dijo nada". Sinala que durante os cursos de anos anteriores nunca se atoparan con esta prohibición.
Por este motivo, este luns 16, ás 9 da mañá, van concentrarse cos seus vehículos diante do Concello en sinal de protesta ante unha medida que consideran desacertada: "la policía estaba en las entradas del centro histórico diciendo que no podemos acceder. Y qué vamos a hacer ahora cuando muchos somos de otras zonas, de Lérez, de Salcedo, de Poio... sobre todo en los días que llueve, hay mucho niño pequeño. Yo tengo un niño de 4 años y no puedo mandar a mis hijos desde O Burgo andando por mucho que hayan puesto a una señora con una paleta en el cruce". Pilar Lemos fai referencia aos Camiños Escolares que puxo en marcha o Concello para que os menores asistan andando e sós ás clases. Estes pais consideran que os seus fillos son moi pequenos e que este sistema non lles ofrece seguridade: "Nos han destinado calles para aparcar como Daniel de la Sota pero es que queda lejos y no nos resuelve el problema".
"Quiero que me dejen acceder a un sitio donde tenga claro que mis niños van a llegar seguros al colegio"
Alegan que solicitaran unha reunión coa concelleira Carme da Silva para tratar o tema o venres 13. Non obstante, a concelleira a última hora indicoulles que tiña unha reunión e que non podía atenderlles. Tamén falaron telefonicamente co Alcalde que, segundo expresa Pilar Lemos, lles mostrou o seu apoio pero non lles ofreceu unha solución ao problema. Ante esta situación, os pais decidiron levar a cabo a protesta cos seus turismos. "Ese colegio lleva cincuenta años en la zona vieja. Los padres no tenemos la culpa de eso ni de vivir en otros sitios", alega esta nai afectada, "quiero que me dejen acceder a un sitio donde tenga claro que mis niños van a llegar seguros al colegio".
Relacionadas:
-
Os pais do colexio San José presentan 200 sinaturas contra os cambios viarios en Arcebispo Malvar
Por Oskar Viéitez |
-
Pais de nenos do Colexio San José colapsan Doctor Marescot e Mosquera ofrécelles unha zona de servizos en Arcebispo Malvar
Por Anxo Lourido |
-
De paseo ao cole no primeiro día de clase
Por Redacción |
-
O Concello crea zonas de "servizos" para garantir a seguridade viaria na contorna dos colexios
Por Redacción |