Estruming Days ou como fertilizar novos proxectos empresariais
Por Redacción
Aproveitando a sonoridade da palabra 'estrume', este abono orgánico serve como referente para organizar unhas xonradas técnicas que se desenvolverán nesta fase final do ano unha tarde do venres ao mes coa finalidade de promover a actividade empresarial en relación co rural.
A través destas xornadas búscase intercambiar ideas de profesionais que aproveitan e dinamizan os recursos do rural galego cunha mirada actual. Destinadas a empresarios e emprendedores búscase a promoción de actividades innovadoras. Desiré Vidal e África Rodríguez promoven o Estruming Days coa intención de "dinamizar Galicia compatibilizando ou rural dentro dás vinas.
Durante as tres sesións traballaranse dinámicas e técnicas grupales e creativas, procesos de co-produción e de intercambio de experencias por parte de profesionais de distintos sectores.
A primeira sesión será o 27 de setembro na Misión Biolóxica de Salcedo. A segunda desenvolverase o 25 de outubro na Casa da Cultura de Santa María de Xeve e a última terá lugar o 29 de novembro na Facultade de Belas Artes. Cada unha irá dedicada a temas distintos: I+D+I, Deseño e Tics e Internet.
A inscrición ten un prezo de 25 euros.