Defensa e comuneiros volverán negociar este martes en Vigo polo terreo da Brilat
Por Oskar Viéitez
O despacho de avogados que representa os os intereses da Comunidade de montes de Salcedo acollerá este martes 10 de setembro unha reunión cos representantes do Ministerio de Defensa para negociar o futuro dos terreos que ocupa a base da Brilat.
Segundo informaron os comuneiros na cita deberíase avanzar sobre as posibilidades formuladas o pasado mes de xullo. Así esperan que Defensa se decida entre a expropiación ou o pagamento dun canon anual pola cesión dos terreos.
Estas mesmas fontes agardan que se concrete a superficie de terreo que demanda a Brilat, que podería recortar as necesidades actuais.
Relacionadas:
-
Defensa estuda a expropiación dos terreos da Brilat e os comuneiros de Salcedo dan de prazo ata setembro
Por Redacción |
-
Salcedo, disposta a rebaixar o canon polo monte da Brilat de 450.000 a 277.500 euros anuais
Por Natalia Puga |
-
O alcalde de Lalín disposto a regalar terreos á Brilat
Por Redacción |