Fans de Auryn agardan dende primeiras horas da mañá ante o escenario a actuación desta noite
Por Diego Torrado
Se onte á noite Malú deixou o listón moi alto e algúns dos seus fans esperaban ante o escenario a actuación da cantante madrileña, a actuación de Auryn desta noite espérase que chegue a provocar auténticos momentos de histeria entre as centos de adolescentes que acudirán a este concerto gratuíto na Praza de España.
O grupo de mozos que comezou a súa carrreira musical en 2009 tenas tan embelesadas que máis de cincuenta adolescentes levan dende antes das 9 da mañá facendo garda ante o escenario co obxectivo de ter un lugar privilexiado para ver os seus idolatrados cantantes. E todo baixo as altas temperaturas que se están a rexistrar durante esta xornada.
O concerto comezará ás 22:30 horas e cando se escoiten éxitos como Heartbreaker ou Don't give up my game non será estraño que se produza máis dun mareo.
Relacionadas:
-
Con Auryn desatouse a tolería 'teenager'
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
Blas Cantó (Auryn): "Queremos que a xente baile, que gocen da festa... En definitiva que o pasen ben. Auryn é iso"
Por Alejandro Espiño |
-
Primeiro concerto das Festas da Peregrina 2013: Auryn actuará en Pontevedra o 17 de agosto
Por Alejandro Espiño |