Portos de Galicia paraliza cautelarmente por "falta de seguridade" as obras do Náutico
Por Oskar Viéitez
O Ente público, Portos de Galicia, decretou a paralización cautelar das obras de construción dos novos peiraos que se están a levar a cabo no Porto de Sanxenxo promovidas polo Real Club Náutico. O fai atendendo á solicitude remitida este xoves polo goberno local.
Xustifica esta orde en que "ás medidas de seguridade observadas na execución das obras de referencia son escasas, en particular, se denuncia que se está a permitir o acceso ao espazo de traballo tanto a bañistas coma a usuarios das embarcacións".
Dende Portos procédese a esta paralización preventiva "en tanto non se efectúen ás actuacións suplementarias para garantir a seguridade na execución".
Este venres un grupo de integrantes de S.O.S. Panadeira ocuparon a zona de traballo dunha escavadora na praia Dos barcos e lanzáronse á auga nas proximidades da máquina que instala os piares dos peiraos.
O Concello insiste que carece de competencias para paralizar os traballos, pero esixiu a Portos a reposición da praia Dos barcos ao seu estado natural.
O presidente do Club Náutico, Pedro Campos, asegurou comprender os veciños e lamentou o sucedido, aínda que reitera que a obra non vai afectar aos areais.
Relacionadas:
-
Recurso xudicial do Concello de Sanxenxo contra a concesión dos novos peiraos no Náutico
Por Redacción |
-
SOS Panadeira farase notar na etapa de La Vuelta con final en Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo pide a Portos de Galicia que revoque a licenza das obras do novo pantalán do Náutico
Por Redacción |
-
O Concello alega que os pantaláns do Náutico vulneran o Plan de usos do Porto
Por Redacción |
-
Indignación en Sanxenxo polos "destrozos" das obras do novo pantalán do porto
Por Redacción |
-
O Concello de Sanxenxo recorrerá a autorización de Portos á construción dos peiraos do Náutico
Por Redacción |
-
Sanxenxo prepara un recurso contra todo o proxecto de ampliación do Porto Deportivo
Por Redacción |